Despedida AGDSP a Rosalía Mera

Ago
16
2013
Hits: 9499

 

Ante o falecemento de Rosalía Mera, fundadora de Inditex, presidenta da Fundación Paidea e unha das mulleres máis ricas de España, desde Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Públicaqueremos recordar, que malia a súa privilexiada posición social e dalgunhas contradicións empresariais, mantivo sempre unhas posicións de clara defensa do sistema sanitario público, en contra da política do seu desmantelamento e da supresión de dereitos da actual Lei do Aborto.

En maio de 2013 declaro publicamente a Europa Press que “si regateamos no tema da saúde, da infancia, da educación, estámonos facendo un flaquísimo favor como país, estamos nun barco que esixe que nos salvemos xuntos”, e en referencia á reforma da Lei do Aborto impulsada polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón “confiaba en que non salga adiante a súa aprobación e espéraa que se deixe como está a Lei”

Non parece razoable acusar a esta importante empresaria de radicalismo político nin que con estas declaracións públicas buscase a defensa de privilexios persoais, polo que o seu posicionamento ten o valor testemuñal de poñer en cuestión a políticas do actual goberno de socavar importantes dereitos sociais como a sanidade (ou a educación) que poñen en perigo a convivencia socialen Galicia e no Estado.

Vaia por tanto o noso recoñecemento como despedida

Asociación Galega para  Defensa da Sanidade Pública

16 Agosto 2013

PLG_DEBUG_TITLE

PLG_DEBUG_SESSION

Información de Perfil

Uso de Memoria

PLG_DEBUG_QUERIES

Immediate Flow